16/10/20

CANCIÓN "LAVO AS MANS"

 AS NENAS E NENOS DE 4 E 5 ANOS TEÑEN UNHA CANCIÓN CON COREOGRAFÍA PARA O LAVADO DE MANS. UN XEITO MOI DIVERTIDO DE IR LIMPANDO A FONDO AS MANS, SEN ESQUECER NINGÚN RECUNCHIÑO.

15/10/20

DÍA MUNDIAL DO LAVADO DE MANS

 Agora que tanto facemos este xesto, soubemos que ten o seu día para lembralo. Porque algo tan sinxelo pode previr moitas enfermidades que preocupan no mundo enteiro, e non só a COVID19

O alumnado de 3º contóunolo pola radio escolar, na hora do recreo

Para lembralo miramos para as nosas mans e cada un dos seus dedos, acompañados da canción tradicional interpretada por Migallas.

            

CREANDO LOGOTIPOS

 Comezamos proxecto!

Deseñamos logotipos que o representen, despois de pensar o que significa para nós a saúde, e máis neste momento tan estraño que estamos vivindo. De seguro que aprenderemos moito sobre ela este curso. Acompañádesnos?