Amosando publicacións coa etiqueta hábitos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta hábitos. Amosar todas as publicacións

01/04/21

A IMPORTANCIA DO DESCANSO

Os nenos e nenas de 1º aprendemos que un bo descanso é imprescindible para estar ben. Despois de todo o traballo presentámosvos uns  consellos dende a nosa radio. Os vosos hábitos son adecuados para a saúde? Tomade nota e non o esquezades!







Tamén descubrimos que hai algunhas prácticas deportivas que nos poden axudar a relaxarnos como é o IOGA. Esta práctica utiliza posturas físicas, exercicios de respiración e meditación para mellorar a saúde xeral e reducir o estrés.

Queredes practicar con nós?







08/12/20

NUTRICIÓN E HÁBITOS SAUDABLES

 Isto foi o que aprenderon na clase de 4º de Primaria, agora cóntannos a todos como podemos axudar a que o noso corpo se defenda, se faga forte e evitemos enfermidades. Atención: