Amosando publicacións coa etiqueta Investigación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Investigación. Amosar todas as publicacións

21/06/21

REVISTA AGROMAR

 Velaquí a nosa publicación anual en formato dixital, con traballos deste curso e moitos dedicados a este proxecto. Atoparédela tamén en papel na nosa Biblioteca e moi pronto na Biblioteca Municipal.

Parabéns pola participación total na revista e polo voso traballo!!

Grazas ao EDLG pola tarefa de maquetación e impresión.



20/06/21

REDUCE O LIXO NA TÚA VIDA


Ao longo deste último trimestre o alumnado de 2º estivo afondando na investigación dos prexuízos na nosa saúde que pode ocasionar o lixo, así de como podemos contribuír a súa eliminación.

Cando falamos de saúde pensamos en factores que poden axudar a súa mellora: a alimentación, o sono, o deporte, os médicos... esquecéndonos doutros, que de algunha maneira a condicionan, como é o lixo.  

Investigaron en distintos libros e recolleron información sobre como se clasifica o lixo nas súas casas  e as facilidades ou dificultades para usar o colector correspondente. Con todos os datos confeccionaron unha gráfica.     




Despois de moito pensar e darse conta dos problemas que hai na nosa contorna, decidiron confeccionar unha lista de 10 Consellos:

Descubriron e aprenderon o significado do R de reciclar, neste caso co papel de xornal.
 

Durante o proceso déronse conta de que non se estaba usando o composteiro para os xardíns da escola, polo que decidiron mandarlle unha carta a xardineira e incluso explicarlle como podería facer, de ser do seu agrado. 
 


 
 
Decatáronse de que nos patios non podían clasificar o lixo durante o recreo por non haber os colectores necesarios. Como xa coñecían o uso da correspondencia, desta vez, a misiva iría destinada á directora.
Desta vez a investigación foi completa. Na clase de inglés, construiron un Recycling Game, co que poderíamos comprobar o que aprendimos sobre a clasificación do lixo. 

 
 
 
Por todo o traballo feito, a súa 
investigación, preparación e 
preocupación polo cuidado da 
contorna fixéronse merecedores 
do título de Policía do Lixo, polo que recibiron as chapas que eles mesmos elaboraron. 


 

 

10/06/21

A SAÚDE DA NOSA CONTORNA

 Durante este 3º trimestre, na clase de 1º traballamos a saúde da nosa contorna.


O noso interese espertou cando os alumnos e alumnas do CIFP A Granxa de Ponteareas contáronnos os problemas que tiña unha paxariña chamada Ferreiriña que vivía nas árbores a carón do Río Tea.

Comezamos a investigar sobre as árbores autóctonas, as especies invasoras como as belutinas e sobre a contaminación do aire e a auga.

Logo, decidimos facer unha segunda parte para ese conto tan chulo e o  titulamos "Misión: río Tea" e o preparamos para contalo no kamishibai da nosa biblioteca.

Kamishibai co conto "a paxariña Ferreiriña"

Exposición sobre o Río Tea


Preparando a segunda parte do conto en equipos cooperativos.

Láminas cos debuxos e os textos do noso conto, preparadas para poñer no kamishibai

Para quen non o coñeza,  Kamishibai significa "teatro de papel" en xaponés. É unha forma de contar contos moi popular en Xapón que está formado por un conxunto de láminas que teñen un debuxo nunha cara e un texto noutra cara. Estas láminas colócanse nun teatro  de madeira.






02/06/21

O SON QUE NOS RODEA POR TODAS PARTES

 Grazas ao noso sentido do oído podemos percibir cantidades de información a todas horas. Coñecemos como funciona? Sabemos dos seus coidados?

 Unha nova investigación do alumnado de 6º achéganos a este fenómeno físico tan presente nas nosas vidas, aos son agradables ou aos sons molestos...e tamén á problemática da xordeira e como a ciencia axuda ás persoas que a padecen. Podedes ler todo neste expositor:







Se queredes medir a intensidade dos sons diarios podedes facelo cunha sinxela aplicación, saberedes cal é a intensidade máis habitual, cal é molesta ou perxudicial, etc.



04/05/21

A ACTIVIDADE FÍSICA

 Unha nova investigación do alumnado de 3º achéganos aos beneficios da actividade física, así como tamén ás maneiras de  realizala e ao mellor coñecemento do noso corpo.

Buscando e seleccionando a información

Redactando en folio xiratorio

Comprobando e contando as nosas pulsacións

 Expoñendo a información
 
E comunicando na nosa radio

13/04/21

QUE PODEMOS FACER PARA NON ENFERMAR

O alumnado de 2º tivo a importante misión de indagar sobre aquilo que debemos facer para evitar as enfermidades. Algo moi importante, pois sempre resulta mellor a prevención evitando calquera tipo de doenza.


25/03/21

CONVIVENCIA SAUDABLE

 En 6º indagamos o que podemos facer para que a nosa convivencia sexa saudable, pois xa sabemos que o benestar social é un dos elementos que forman parte dunha boa saúde. Para mostrárvolo elaboramos unha revista en formato cómic, onde poñemos exemplos desas habilidades que nos van axudar.

Deixaremos exemplares na Biblioteca e tamén nas Bibliotecas de aula. Aquí o tedes en formato dixital:




05/03/21

ENFERMIDADES RELACIONADAS COA ALIMENTACIÓN

 Un paso máis nas investigacións sobre a alimentación do alumnado de 4º; achégannos un resumo das principais enfermidades e da súa prevención.

12/02/21

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

O alumnado de 4º  ofrécenos unha recompilación de mulleres destacables na Medicina e outras Ciencias da Saúde.

Despois de redactar cadaquén a súa información realizaron un reto de busca.



Aquí podemos velas todas premendo nas ligazóns:

20/12/20

OS MICROORGANISMOS

Queredes coñecer da man do equipo de investigadores e investigadoras de 5º as características dos microorganismos?

Pois dádelle ao play e veredes!!

18/12/20

CIENTÍFICAS E CIENTÍFICOS

Sobre quen son e que fan os científicos e as científicas, versou a investigación da aula de 2º. Tamén estiveron indagando na vida dalgunha destas persoas.



11/12/20

PANDEMIAS HISTÓRICAS

Un paseo pola Historia da man do alumnado de 6º daranos unha visión de situacións graves de epidemias que afectaron ao mundo, e faranos ver como a investigación científica foi mellorando as nosas vidas.  Agardamos que siga sendo así.

A CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA E A SAÚDE DAS PERSOAS

Traballo do alumnado de 6º no Día da Constitución: lectura, interpretación, ilustración e escritura de opinións, nun documento compartido que podedes ler a continuación:

10/12/20

QUE SON AS VACINAS?

 Así nos explican os nenos e nenas de 1º o que investigaron sobre as vacinas. Mirade:

08/12/20

NUTRICIÓN E HÁBITOS SAUDABLES

 Isto foi o que aprenderon na clase de 4º de Primaria, agora cóntannos a todos como podemos axudar a que o noso corpo se defenda, se faga forte e evitemos enfermidades. Atención:

29/11/20

SERES MICROSCÓPICOS

As científicas e científicos utilizan distintos instrumentos no seu traballo e o microscopio é un dos máis importantes.

En 2º quixemos descubrir como utilizalo e disfrutamos moito.