28/04/21

ROBÓTICA MÉDICA

 A medicina atopou grandes aliados en robots que facilitan o seu labor e melloran as condicións de traballo e o benestar dos pacientes. Sobre iso nos ofrece a clase de 4º unha interesante información neste mural!







13/04/21

QUE PODEMOS FACER PARA NON ENFERMAR

O alumnado de 2º tivo a importante misión de indagar sobre aquilo que debemos facer para evitar as enfermidades. Algo moi importante, pois sempre resulta mellor a prevención evitando calquera tipo de doenza.


08/04/21

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

Puxemos a proba cunha Xincana  coñecementos e  experiencias para facer visible o Día Mundial da Saúde e o lema deste ano: "Construir un mundo máis xusto e saudable". 

06/04/21

POESÍA CON FROITAS

NESTE MES DA POESÍA,  AS NENAS E NENOS DE 4 E 5 ANOS TRABALLARON CO LIBRO POEMA "FROITAS". RECITADO E ILUSTRACIÓN MOI SABOROSOS!!


01/04/21

A IMPORTANCIA DO DESCANSO

Os nenos e nenas de 1º aprendemos que un bo descanso é imprescindible para estar ben. Despois de todo o traballo presentámosvos uns  consellos dende a nosa radio. Os vosos hábitos son adecuados para a saúde? Tomade nota e non o esquezades!







Tamén descubrimos que hai algunhas prácticas deportivas que nos poden axudar a relaxarnos como é o IOGA. Esta práctica utiliza posturas físicas, exercicios de respiración e meditación para mellorar a saúde xeral e reducir o estrés.

Queredes practicar con nós?