29/03/21

HÁBITOS DE HIXIENE

 A hixiene é moi impotante e por iso decidimos traballala. Despois de investigar, falar na clase e realizar pequenos traballiños, como produto final fixemos un libro coas nosas fotos , e ademais escribimos que tarefa estamos a realizar.

Aquí tedes o noso libro.



25/03/21

CONVIVENCIA SAUDABLE

 En 6º indagamos o que podemos facer para que a nosa convivencia sexa saudable, pois xa sabemos que o benestar social é un dos elementos que forman parte dunha boa saúde. Para mostrárvolo elaboramos unha revista en formato cómic, onde poñemos exemplos desas habilidades que nos van axudar.

Deixaremos exemplares na Biblioteca e tamén nas Bibliotecas de aula. Aquí o tedes en formato dixital:




PREVENCIÓN DE ACCIDENTES

 Aquí temos ao alumnado de 4º, que cos seus disfraces deste Entroido quérennos transmitir un conselliños para previr accidentes. Así é a súa campaña::



18/03/21

OS ACCIDENTES INFANTÍS

AS NENAS E NENOS DE 4 E 5 ANOS IDENTIFICARON DURANTE ESTE TRIMESTRE CALES SON OS ACCIDENTES MÁIS COMÚNS QUE TEÑEN E BUSCARON POSIBLES SOLUCIÓNS PARA EVITALOS.               NESTE VÍDEO RECÓLLENSE OS CONSELLOS QUE QUEREN OFRECERLLE A TODO O MUNDO PARA AXUDAR Á PREVENCIÓN.


05/03/21

ENFERMIDADES RELACIONADAS COA ALIMENTACIÓN

 Un paso máis nas investigacións sobre a alimentación do alumnado de 4º; achégannos un resumo das principais enfermidades e da súa prevención.