26/06/21

FIN DE CURSO E DE PROXECTO

 Rematamos o curso compartindo os nosos traballos nunha xornada en que nos acompañaron as familias visitando a exposición, escoitando o noso Maratón Radiofónico e dando un "like" á saúde. 

MOITAS GRAZAS!



21/06/21

REVISTA AGROMAR

 Velaquí a nosa publicación anual en formato dixital, con traballos deste curso e moitos dedicados a este proxecto. Atoparédela tamén en papel na nosa Biblioteca e moi pronto na Biblioteca Municipal.

Parabéns pola participación total na revista e polo voso traballo!!

Grazas ao EDLG pola tarefa de maquetación e impresión.



20/06/21

COS CINCO SENTIDOS

 Que mellor manera de traballar os sentidos que experimentando con eles. Así o fixeron os nenos e nenas de 3 anos.

REDUCE O LIXO NA TÚA VIDA


Ao longo deste último trimestre o alumnado de 2º estivo afondando na investigación dos prexuízos na nosa saúde que pode ocasionar o lixo, así de como podemos contribuír a súa eliminación.

Cando falamos de saúde pensamos en factores que poden axudar a súa mellora: a alimentación, o sono, o deporte, os médicos... esquecéndonos doutros, que de algunha maneira a condicionan, como é o lixo.  

Investigaron en distintos libros e recolleron información sobre como se clasifica o lixo nas súas casas  e as facilidades ou dificultades para usar o colector correspondente. Con todos os datos confeccionaron unha gráfica.     




Despois de moito pensar e darse conta dos problemas que hai na nosa contorna, decidiron confeccionar unha lista de 10 Consellos:

Descubriron e aprenderon o significado do R de reciclar, neste caso co papel de xornal.
 

Durante o proceso déronse conta de que non se estaba usando o composteiro para os xardíns da escola, polo que decidiron mandarlle unha carta a xardineira e incluso explicarlle como podería facer, de ser do seu agrado. 
 


 
 
Decatáronse de que nos patios non podían clasificar o lixo durante o recreo por non haber os colectores necesarios. Como xa coñecían o uso da correspondencia, desta vez, a misiva iría destinada á directora.
Desta vez a investigación foi completa. Na clase de inglés, construiron un Recycling Game, co que poderíamos comprobar o que aprendimos sobre a clasificación do lixo. 

 
 
 
Por todo o traballo feito, a súa 
investigación, preparación e 
preocupación polo cuidado da 
contorna fixéronse merecedores 
do título de Policía do Lixo, polo que recibiron as chapas que eles mesmos elaboraron. 


 

 

PAN CASEIRO PARA CUIDAR A SAÚDE

Como xa vimos durante a nosa investigación, a alimentación é moi importante para estar saudábel. Nós aprendimos como elaborar "Pan caseiro" para estar san.


Pan caseiro para cuidar a saúde

16/06/21

PÓMONOS EN MARCHA COA MILLA DIARIA


Neste curso o cole inscribiuse na modalidade Milla diaria, dentro do programa Proxectos de vida activa e deportiva - PVAD, que pertence ao Plan Proxecta. 


Estábamos desexando comezar con esta nova rutina, co obxectivo de incrementar a actividade física dentro do horario lectivo realizando unha milla diaria. 
Despois de barallar diferentes opcións de percorridos, demos por fin coa ruta que máis nos conviña, e as condicións meteorolóxicas axudáronnos a que dita ruta fose practicable. Así pois, puxémonos en marcha, disfrutando de que a contorna do noso centro ofrece unha posibilidade marabillosa de camiñar pola natureza.

                                                      

O resultado desta nova rutina diaria está sendo moi positivo. Alumnado e profesorado disfrutamos moito activando o noso corpo durante esta andaina de vinte minutos, e volvemos ás nosas aulas coas pilas recargadas para continuar coas aprendizaxes de xeito moi proveitoso



 


             


   



                            

                                      
 
Estamos felices coa incorporación da Milla diaria e seguiremos avanzando con ela!



10/06/21

A SAÚDE DA NOSA CONTORNA

 Durante este 3º trimestre, na clase de 1º traballamos a saúde da nosa contorna.


O noso interese espertou cando os alumnos e alumnas do CIFP A Granxa de Ponteareas contáronnos os problemas que tiña unha paxariña chamada Ferreiriña que vivía nas árbores a carón do Río Tea.

Comezamos a investigar sobre as árbores autóctonas, as especies invasoras como as belutinas e sobre a contaminación do aire e a auga.

Logo, decidimos facer unha segunda parte para ese conto tan chulo e o  titulamos "Misión: río Tea" e o preparamos para contalo no kamishibai da nosa biblioteca.

Kamishibai co conto "a paxariña Ferreiriña"

Exposición sobre o Río Tea


Preparando a segunda parte do conto en equipos cooperativos.

Láminas cos debuxos e os textos do noso conto, preparadas para poñer no kamishibai

Para quen non o coñeza,  Kamishibai significa "teatro de papel" en xaponés. É unha forma de contar contos moi popular en Xapón que está formado por un conxunto de láminas que teñen un debuxo nunha cara e un texto noutra cara. Estas láminas colócanse nun teatro  de madeira.






A IMPORTANCIA DAS NOSAS EMOCIÓNS

O alumnado de 5º de educación primaria describe  como son as nosas emocións, e dannos pistas para recoñecelas e manexalas.

04/06/21

MEDICIÓNS DAFIS (Datos Actividade Física Saudable)

Unha das novidades que incorporamos na procura de avanzar como comunidade saudable, foi a de inscribirnos na modalidade DAFIS, dentro do programa Proxectos de vida activa e deportiva - PVAD, pertencente ao Plan Proxecta. 

Os obxectivos do DAFIS son:

  • Valorar a condición física para a saúde do alumnado a través dos test e probas propostos.
  • Traballar, en base os resultados obtidos, na mellora da condición física saudable, tanto de forma individual, como global (clase, centro educativo), do alumnado.
  • Traballar de forma transversal os contidos de actividade física diaria e hábitos saudables (alimentación, hixiene, sedentarismo asociado a pantallas,...).
Decidimos comezar neste curso co alumnado maior do noso centro: 4º, 5º e 6º de primaria. Fixemos unha medición das probas do programa no mes de maio, e a experiencia foi moi positiva, comprendendo tras ela o verdadeiro potencial para tomar conciencia sobre o noso estado físico que nos ofrece o DAFIS.



Continuaremos nos vindeiros cursos procurando pasar as probas un maior número de veces e tamén incluiremos a máis parte do noso alumnado. Deste xeito esperamos ser máis conscientes do nosa condición física, da súa evolución no transcurso do tempo e por suposto avanzar na súa mellora. 
De seguro será así xa que en Leirado somos persoas que imos....A TOPE COA SAÚDE!!

02/06/21

O SON QUE NOS RODEA POR TODAS PARTES

 Grazas ao noso sentido do oído podemos percibir cantidades de información a todas horas. Coñecemos como funciona? Sabemos dos seus coidados?

 Unha nova investigación do alumnado de 6º achéganos a este fenómeno físico tan presente nas nosas vidas, aos son agradables ou aos sons molestos...e tamén á problemática da xordeira e como a ciencia axuda ás persoas que a padecen. Podedes ler todo neste expositor:







Se queredes medir a intensidade dos sons diarios podedes facelo cunha sinxela aplicación, saberedes cal é a intensidade máis habitual, cal é molesta ou perxudicial, etc.