21/05/21

A FUNCIÓN DE NUTRICIÓN

 En 5º de Primaria aprendemos sobre o noso corpo, aparatos que interveñen na función de nutrición e o seu funcionamento. Na biblioteca organizamos Estacións de aprendizaxe polas que cada equipo ía pasando e practicando. 





Despois de saber os nutrientes que precisa o noso corpo para funcionar ben, elaboramos un NUTRIPRATO coas proporcións axeitadas de alimentos.






14/05/21

APRENDENDO A VALORAR E COIDAR A NATUREZA

 A saúde do Medio Natural tamén é a nosa saúde. Así nolo contou o alumnado de 4º polo  Día da Terra.


Nestes días aprendemos todo o cole sobre o ecosistema dos nosos ríos co alumnado do CIFP A Granxa, de Ponteareas,  de xeito virtual e a través da exposición e materiais que prepararon para nós. Encantounos!!

04/05/21

A ACTIVIDADE FÍSICA

 Unha nova investigación do alumnado de 3º achéganos aos beneficios da actividade física, así como tamén ás maneiras de  realizala e ao mellor coñecemento do noso corpo.

Buscando e seleccionando a información

Redactando en folio xiratorio

Comprobando e contando as nosas pulsacións

 Expoñendo a información
 
E comunicando na nosa radio