En 5º de Primaria aprendemos sobre o noso corpo, aparatos que interveñen na función de nutrición e o seu funcionamento. Na biblioteca organizamos Estacións de aprendizaxe polas que cada equipo ía pasando e practicando.
Despois de saber os nutrientes que precisa o noso corpo para funcionar ben, elaboramos un NUTRIPRATO coas proporcións axeitadas de alimentos.