12/02/21
COÑECEMOS O HOSPITAL
DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
O alumnado de 4º ofrécenos unha recompilación de mulleres destacables na Medicina e outras Ciencias da Saúde.
Despois de redactar cadaquén a súa información realizaron un reto de busca.
Aquí podemos velas todas premendo nas ligazóns:
20/12/20
OS MICROORGANISMOS
Queredes coñecer da man do equipo de investigadores e investigadoras de 5º as características dos microorganismos?
Pois dádelle ao play e veredes!!
18/12/20
CIENTÍFICAS E CIENTÍFICOS
Sobre quen son e que fan os científicos e as científicas, versou a investigación da aula de 2º. Tamén estiveron indagando na vida dalgunha destas persoas.
11/12/20
PANDEMIAS HISTÓRICAS
Un paseo pola Historia da man do alumnado de 6º daranos unha visión de situacións graves de epidemias que afectaron ao mundo, e faranos ver como a investigación científica foi mellorando as nosas vidas. Agardamos que siga sendo así.
A CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA E A SAÚDE DAS PERSOAS
Traballo do alumnado de 6º no Día da Constitución: lectura, interpretación, ilustración e escritura de opinións, nun documento compartido que podedes ler a continuación:
10/12/20
QUE SON AS VACINAS?
Así nos explican os nenos e nenas de 1º o que investigaron sobre as vacinas. Mirade:






