Rematamos o curso compartindo os nosos traballos nunha xornada en que nos acompañaron as familias visitando a exposición, escoitando o noso Maratón Radiofónico e dando un "like" á saúde.
MOITAS GRAZAS!
Rematamos o curso compartindo os nosos traballos nunha xornada en que nos acompañaron as familias visitando a exposición, escoitando o noso Maratón Radiofónico e dando un "like" á saúde.
MOITAS GRAZAS!
Velaquí a nosa publicación anual en formato dixital, con traballos deste curso e moitos dedicados a este proxecto. Atoparédela tamén en papel na nosa Biblioteca e moi pronto na Biblioteca Municipal.
Parabéns pola participación total na revista e polo voso traballo!!
Grazas ao EDLG pola tarefa de maquetación e impresión.
Que mellor manera de traballar os sentidos que experimentando con eles. Así o fixeron os nenos e nenas de 3 anos.
Ao longo deste último trimestre o alumnado de 2º estivo afondando na investigación dos prexuízos na nosa saúde que pode ocasionar o lixo, así de como podemos contribuír a súa eliminación.
Cando falamos de saúde pensamos en factores que poden axudar a súa mellora: a alimentación, o sono, o deporte, os médicos... esquecéndonos doutros, que de algunha maneira a condicionan, como é o lixo.
Investigaron en distintos libros e recolleron información sobre como se clasifica o lixo nas súas casas e as facilidades ou dificultades para usar o colector correspondente. Con todos os datos confeccionaron unha gráfica.
Despois de moito pensar e darse conta dos problemas que hai na nosa contorna, decidiron confeccionar unha lista de 10 Consellos:
Como xa vimos durante a nosa investigación, a alimentación é moi importante para estar saudábel. Nós aprendimos como elaborar "Pan caseiro" para estar san.
Durante este 3º trimestre, na clase de 1º traballamos a saúde da nosa contorna.