20/06/21

REDUCE O LIXO NA TÚA VIDA


Ao longo deste último trimestre o alumnado de 2º estivo afondando na investigación dos prexuízos na nosa saúde que pode ocasionar o lixo, así de como podemos contribuír a súa eliminación.

Cando falamos de saúde pensamos en factores que poden axudar a súa mellora: a alimentación, o sono, o deporte, os médicos... esquecéndonos doutros, que de algunha maneira a condicionan, como é o lixo.  

Investigaron en distintos libros e recolleron información sobre como se clasifica o lixo nas súas casas  e as facilidades ou dificultades para usar o colector correspondente. Con todos os datos confeccionaron unha gráfica.     




Despois de moito pensar e darse conta dos problemas que hai na nosa contorna, decidiron confeccionar unha lista de 10 Consellos:

Descubriron e aprenderon o significado do R de reciclar, neste caso co papel de xornal.
 

Durante o proceso déronse conta de que non se estaba usando o composteiro para os xardíns da escola, polo que decidiron mandarlle unha carta a xardineira e incluso explicarlle como podería facer, de ser do seu agrado. 
 


 
 
Decatáronse de que nos patios non podían clasificar o lixo durante o recreo por non haber os colectores necesarios. Como xa coñecían o uso da correspondencia, desta vez, a misiva iría destinada á directora.
Desta vez a investigación foi completa. Na clase de inglés, construiron un Recycling Game, co que poderíamos comprobar o que aprendimos sobre a clasificación do lixo. 

 
 
 
Por todo o traballo feito, a súa 
investigación, preparación e 
preocupación polo cuidado da 
contorna fixéronse merecedores 
do título de Policía do Lixo, polo que recibiron as chapas que eles mesmos elaboraron. 


 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario