Os nenos e nenas de 1º aprendemos que un bo descanso é imprescindible para estar ben. Despois de todo o traballo presentámosvos uns consellos dende a nosa radio. Os vosos hábitos son adecuados para a saúde? Tomade nota e non o esquezades!
Tamén descubrimos que hai algunhas prácticas deportivas que nos poden axudar a relaxarnos como é o IOGA. Esta práctica utiliza posturas físicas, exercicios de respiración e meditación para mellorar a saúde xeral e reducir o estrés.
Queredes practicar con nós?
Ningún comentario:
Publicar un comentario