Unha das novidades que incorporamos na procura de avanzar como comunidade saudable, foi a de inscribirnos na modalidade DAFIS, dentro do programa Proxectos de vida activa e deportiva - PVAD, pertencente ao Plan Proxecta.
Os obxectivos do DAFIS son:
- Valorar a condición física para a saúde do alumnado a través dos test e probas propostos.
- Traballar, en base os resultados obtidos, na mellora da condición física saudable, tanto de forma individual, como global (clase, centro educativo), do alumnado.
- Traballar de forma transversal os contidos de actividade física diaria e hábitos saudables (alimentación, hixiene, sedentarismo asociado a pantallas,...).
Decidimos comezar neste curso co alumnado maior do noso centro: 4º, 5º e 6º de primaria. Fixemos unha medición das probas do programa no mes de maio, e a experiencia foi moi positiva, comprendendo tras ela o verdadeiro potencial para tomar conciencia sobre o noso estado físico que nos ofrece o DAFIS.
Continuaremos nos vindeiros cursos procurando pasar as probas un maior número de veces e tamén incluiremos a máis parte do noso alumnado. Deste xeito esperamos ser máis conscientes do nosa condición física, da súa evolución no transcurso do tempo e por suposto avanzar na súa mellora.
De seguro será así xa que en Leirado somos persoas que imos....A TOPE COA SAÚDE!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario