A medicina atopou grandes aliados en robots que facilitan o seu labor e melloran as condicións de traballo e o benestar dos pacientes. Sobre iso nos ofrece a clase de 4º unha interesante información neste mural!
28/04/21
13/04/21
QUE PODEMOS FACER PARA NON ENFERMAR
08/04/21
DÍA MUNDIAL DA SAÚDE
Puxemos a proba cunha Xincana coñecementos e experiencias para facer visible o Día Mundial da Saúde e o lema deste ano: "Construir un mundo máis xusto e saudable".
06/04/21
POESÍA CON FROITAS
NESTE MES DA POESÍA, AS NENAS E NENOS DE 4 E 5 ANOS TRABALLARON CO LIBRO POEMA "FROITAS". RECITADO E ILUSTRACIÓN MOI SABOROSOS!!
01/04/21
A IMPORTANCIA DO DESCANSO
Os nenos e nenas de 1º aprendemos que un bo descanso é imprescindible para estar ben. Despois de todo o traballo presentámosvos uns consellos dende a nosa radio. Os vosos hábitos son adecuados para a saúde? Tomade nota e non o esquezades!
Tamén descubrimos que hai algunhas prácticas deportivas que nos poden axudar a relaxarnos como é o IOGA. Esta práctica utiliza posturas físicas, exercicios de respiración e meditación para mellorar a saúde xeral e reducir o estrés.
Queredes practicar con nós?
29/03/21
HÁBITOS DE HIXIENE
A hixiene é moi impotante e por iso decidimos traballala. Despois de investigar, falar na clase e realizar pequenos traballiños, como produto final fixemos un libro coas nosas fotos , e ademais escribimos que tarefa estamos a realizar.
Aquí tedes o noso libro.
25/03/21
CONVIVENCIA SAUDABLE
En 6º indagamos o que podemos facer para que a nosa convivencia sexa saudable, pois xa sabemos que o benestar social é un dos elementos que forman parte dunha boa saúde. Para mostrárvolo elaboramos unha revista en formato cómic, onde poñemos exemplos desas habilidades que nos van axudar.
Deixaremos exemplares na Biblioteca e tamén nas Bibliotecas de aula. Aquí o tedes en formato dixital:















